Etiquetas

lunes, 27 de octubre de 2014

COMEZA O SAMAÍN

Esta semana no colexio estamos a celebrar o Samaín, por iso o colexio está ambientado de xeito que da moito medo...
Witch hats graphics

Fixádevos na decoración da entrada da biblioteca:



Non vos esquezades de pasar por alí, xa que hai un montón de contos de medo esperándovos.


Ou mirade a porta da clase de infantil e o terrorífico conto de medo que están preparando:




Por certo, sabedes que? os máis pequenos do cole teñen na clase unha pantasma que se chama Buuh!!! Si, o que escoitades, ... e hai días que cando fai ruido aparecen obxectos dentro dela coma contos de medo, ou lápices de cores...Que máis cousas lles seguirá ensinando??? xa vos contaremos!



Falando de contos, os maiores de verdade, estiveron lendo historias de medo que eles mesmos inventaron. Aquí tedes a algún deles exercendo de auténticos contacontos:






Xa vos seguiremos contado que máis cousas ocorren nesta semana terrorífica... estade atentos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario