Etiquetas

lunes, 27 de octubre de 2014

CABAZAS POLO SAMAÍN

Hoxe luns, os nenos e nenas do colexio trouxeron as cabazas decoradas para celebrar o Samaín. Mirade canto traballaron!





Animádevos a pasar a velas, estarán toda a semana expostas!!!

 
Moitas gracias a tod@s pola vosa dedicación e esforzo.

COMEZA O SAMAÍN

Esta semana no colexio estamos a celebrar o Samaín, por iso o colexio está ambientado de xeito que da moito medo...
Witch hats graphics

Fixádevos na decoración da entrada da biblioteca:



Non vos esquezades de pasar por alí, xa que hai un montón de contos de medo esperándovos.


Ou mirade a porta da clase de infantil e o terrorífico conto de medo que están preparando:




Por certo, sabedes que? os máis pequenos do cole teñen na clase unha pantasma que se chama Buuh!!! Si, o que escoitades, ... e hai días que cando fai ruido aparecen obxectos dentro dela coma contos de medo, ou lápices de cores...Que máis cousas lles seguirá ensinando??? xa vos contaremos!



Falando de contos, os maiores de verdade, estiveron lendo historias de medo que eles mesmos inventaron. Aquí tedes a algún deles exercendo de auténticos contacontos:






Xa vos seguiremos contado que máis cousas ocorren nesta semana terrorífica... estade atentos!

viernes, 24 de octubre de 2014

SAÍDA OBRA DE TEATRO: O ESPIRITU DO BOSQUE


OBRA TEATRO - Movie Maker

Hoxe foi a nosa primeira saída do curso!!! fomos á Picota a ver unha obra de teatro titulada "O espiritu do bosque" que nos explicaba a importancia do coidado dos nosos montes.
Arriba tedes as imaxes do ben que o pasamos!

BENVIDOS AO NOVO BLOG DO COLE